jueves, 11 de junio de 2020

Hoxe volvemos co caderno de mates, propóñovos esta fichas:


Nesta primeiro tedes que poñerlle o número de orde que ocupa cada cabalo na carreira, logo rodear o que vai penúltimo. Tamén tedes que contar ás persoas segundo a cor do pantalón e poñer o número, e por último sinalar á persoa que mira cara á dereita.


Aquí só debedes amosarlle ao mono o camiño que debe seguir para coller o plátano

Tamén vos deixo un xogo para contar abellas e ir pola colmea

E este sudoku de formas


miércoles, 10 de junio de 2020

Hoxe imos ver que son os apicultores os que coidan das abellas e qué precisan para que non lle piquen:


Tamén imos ver o ciclo de fabricación do mel, para iso déixovos o seguinte vídeo:

Agora xa podedes rematar a ficha coloreando recortando e pegando por orde as casillas:


martes, 9 de junio de 2020

Hoxe déixovos unha ficha das dúas últimas letras que nos faltaban por coñecer:

Como sempre tamén vos deixo os xogos para que practiquedes tanto coa w como ca y



Tamén vos deixo unha ficha do caderno de mates por si vos quedan ganas de seguir traballando:
Primeiro tedes que rodear a rosa que estivo máis tempo viva, logo rodear as bolboretas que están á derita das rosas. Tamén tedes que colorear a casilla do día anterior ao 3, e por último tedes que completar os reloxos, poñerlle as frechas coa hora indicada ou escribir a hora que marcan os reloxos que teñen as dúa frechas.


lunes, 8 de junio de 2020

Continuamos abanzando no caderno de mates, hoxe déixovos dúas fichas:
Na primeira Tedes que contar os debuxos de cada cor que hai nos abanicos e poñer o número onde corresponda, logo tedes que facer as sumas


Na segunda tamén tedes que facer as operacións e despois pintar o loro da cor que corresponda polo número






Tamén vos deixo un par de xogos para facer sumas e restas:


viernes, 5 de junio de 2020

Por qué non vemos hoxe un conto? Propóñovos este que é un pouco distinto pero que vos vai gustar moito.


Imos rematar a semana repasando as letras que aprendemos. Déixovos cómo completar a ficha:


Tamén vos deixo os xogos:

Recordade que neste había que ir ao nivel 2





jueves, 4 de junio de 2020

A Alex tamén lle chegou o calor e fixo un abanico chulísimo, con un debuxo moi bonito.