jueves, 4 de junio de 2020

A Alex tamén lle chegou o calor e fixo un abanico chulísimo, con un debuxo moi bonito.
Continuamos co caderno de mates. Hoxe podemos facer dúas fichas, na primeira, na páxina 43, temos que completar a táboa cos debuxos que correspondan, abaixo sustituímos os debuxos polos números e facemos as operacións.



Na páxina 44 temos outra ficha na que temos que repasar os patos, propóñovos facerlo de distintas cores, e despois contar e poñer o número de patos na bandeira.


Tamén vos deixo estes dous xogos, no primeiro tedes que contar os elementos e arrastrar o número.

No segundo, arrastrade o debuxo ata o cadrado ao que chega.


miércoles, 3 de junio de 2020

Mirade qué ben lle quedaron os abanicos a Xiana. Agora xa pode vir o vran!!!


Imos ver cómo axudan as abellas á reproducción das plantas. Déixovos este vídeo sobre a polinización:


Agora xa podedes colorear e intentar cubrir unha das fichas sobre as abellas que vos propuxen para esta semana, déixovola coa solución.

Agora imos descubrir qué producen as abellas:



Xa estades listos para facer a segunda ficha das abellas:




martes, 2 de junio de 2020

Josué xa ten con que refrescarse. Mirade qué ben lle quedou o abanico

Como parece que xa veu o calor para quedarse, que vos parece si intentamos facer un abanico?
Déixovos algunhas ideas, non vos esquezades de ensinarme o resultado.




Hoxe imos traballar dúas novas letras, K e LL
Nos seguintes vídeos imos coñecelas un pouquiño máis:





Agora que xa sabedes un pouco máis de estas letras déixovos unha ficha para practicar: