viernes, 19 de junio de 2020

Hoxe é o final dun curso que se nos fixo moi curto. Moitas cousas que íbamos facer (excursión, festa fin de curso, experimentos, contacontos...) tivemos que cancelalas. Pero o importante é que sei que vos e as vosas familias estades ben, e estou segura que para o curso que ven ides facer cousas marabillosas no cole.
Eu despídome de vos, pero sabede que si necesitades algo ahí estou. Déixovos este vídeo e un montón de gracias por estes marabillosos anos xuntos.




jueves, 18 de junio de 2020

Hoxe rematamos o caderno de mates con estas dúas fichas, mañá xa nos despedimos do blog cun vídeo que fixen para vos.

Na primeira temos que debuxar o dobre de alfileres.

Na última ficha temos que debuxarlle á nena o dobre de globos que ten o neno, despois debuxar a metade de canicas que ten o outro neno na caixa, e por último debuxar o que indica a clave, dous balóns grandes vermellos



miércoles, 17 de junio de 2020

IMPORTANTE

Este venres 19 de xuño podedes vir ao cole en horario de 11 a 12:30 a recoller o material, notas e demáis cousas que teñan os nenos no cole. Deberedes traer a mochila e a maleta viaxeira así como si tedes algún libro da biblioteca.
Eu estarei no porche, non debedes entrar nas aulas.

Si por algún motivo non podedes acudir, poñédevos en contacto comigo para fixar outro momento de recollida.
Continuamos con tres novas fichas do caderno de mates:

Na primeira tedes que debuxar o que vos mandan as claves e escribir o número de elementos, globos grandes vermellos, globos grandes verdes e globos pequenos verdes.

Na segunda tedes que debuxar en cada corda o mesmo número de elementos que xa hai para que haxa o dobre e colorealos.

 Na última hai que contar os lunares segundo a súa cor e facer as operacións.


martes, 16 de junio de 2020

Seguimos co caderno de mates. Hoxe propóñovos outras tres fichas:

Na primeira temos que sinalar as botellas que están abertas e rodear a que pesa máis. Despois hai que contar os vasos de cada cor e, na táboa da dereita, colorear tantas casiñas como vasos.


Na segunda ficha tedes que poñer canto vale cada xeado e ir facendo as operacións para averiguar o número de todos os xeados.


Por último tedes que facer as operacións.
















lunes, 15 de junio de 2020

Esta semana imos a adicala a rematar o caderno de mates, por iso xa non vos deixei fichas para imprimir.
Propóñovos para hoxe as seguintes fichas:

Aquí só tedes que realizar as operacións e unir co resultado

Nesta deberedes repartir os bombón en dúas partes iguais e dibuxalos en cada bolsa, logo completar cos números.


Por último deberedes repartir as figuras xeométricas en cada caixa en función da forma que teñan


viernes, 12 de junio de 2020

Despois dun extraño curso coñecendo as minúsculas, hoxe rematamos, si algunha non quedou de todo adquirida xa sabedes onde estou e si non, non vos preocupedes que para o curso que ven ides ter unhas marabillosas mestras que vos axudarán en todo o que precisedes.
Déixovos pois a última ficha deste curso de lecto-escrita.


Déixovos tamén a páxina dos xogos para que practiquedes, agora xa podedes pinchar en todas as letras, recordade é no nivel 2.


Tamén vos deixo unha ficha do caderno de mates:


Primeiro hai que rodear a xoaniña que está soa, contar o número de puntos das xoaniñas e unir co número correspondente, unir as plantas que teñen o mesmo número de flores, e por último facer as operacións.