miércoles, 17 de junio de 2020

IMPORTANTE

Este venres 19 de xuño podedes vir ao cole en horario de 11 a 12:30 a recoller o material, notas e demáis cousas que teñan os nenos no cole. Deberedes traer a mochila e a maleta viaxeira así como si tedes algún libro da biblioteca.
Eu estarei no porche, non debedes entrar nas aulas.

Si por algún motivo non podedes acudir, poñédevos en contacto comigo para fixar outro momento de recollida.
Continuamos con tres novas fichas do caderno de mates:

Na primeira tedes que debuxar o que vos mandan as claves e escribir o número de elementos, globos grandes vermellos, globos grandes verdes e globos pequenos verdes.

Na segunda tedes que debuxar en cada corda o mesmo número de elementos que xa hai para que haxa o dobre e colorealos.

 Na última hai que contar os lunares segundo a súa cor e facer as operacións.


martes, 16 de junio de 2020

Seguimos co caderno de mates. Hoxe propóñovos outras tres fichas:

Na primeira temos que sinalar as botellas que están abertas e rodear a que pesa máis. Despois hai que contar os vasos de cada cor e, na táboa da dereita, colorear tantas casiñas como vasos.


Na segunda ficha tedes que poñer canto vale cada xeado e ir facendo as operacións para averiguar o número de todos os xeados.


Por último tedes que facer as operacións.
















lunes, 15 de junio de 2020

Esta semana imos a adicala a rematar o caderno de mates, por iso xa non vos deixei fichas para imprimir.
Propóñovos para hoxe as seguintes fichas:

Aquí só tedes que realizar as operacións e unir co resultado

Nesta deberedes repartir os bombón en dúas partes iguais e dibuxalos en cada bolsa, logo completar cos números.


Por último deberedes repartir as figuras xeométricas en cada caixa en función da forma que teñan


viernes, 12 de junio de 2020

Despois dun extraño curso coñecendo as minúsculas, hoxe rematamos, si algunha non quedou de todo adquirida xa sabedes onde estou e si non, non vos preocupedes que para o curso que ven ides ter unhas marabillosas mestras que vos axudarán en todo o que precisedes.
Déixovos pois a última ficha deste curso de lecto-escrita.


Déixovos tamén a páxina dos xogos para que practiquedes, agora xa podedes pinchar en todas as letras, recordade é no nivel 2.


Tamén vos deixo unha ficha do caderno de mates:


Primeiro hai que rodear a xoaniña que está soa, contar o número de puntos das xoaniñas e unir co número correspondente, unir as plantas que teñen o mesmo número de flores, e por último facer as operacións.


jueves, 11 de junio de 2020

Hoxe volvemos co caderno de mates, propóñovos esta fichas:


Nesta primeiro tedes que poñerlle o número de orde que ocupa cada cabalo na carreira, logo rodear o que vai penúltimo. Tamén tedes que contar ás persoas segundo a cor do pantalón e poñer o número, e por último sinalar á persoa que mira cara á dereita.


Aquí só debedes amosarlle ao mono o camiño que debe seguir para coller o plátano

Tamén vos deixo un xogo para contar abellas e ir pola colmea

E este sudoku de formas


miércoles, 10 de junio de 2020

Hoxe imos ver que son os apicultores os que coidan das abellas e qué precisan para que non lle piquen:


Tamén imos ver o ciclo de fabricación do mel, para iso déixovos o seguinte vídeo:

Agora xa podedes rematar a ficha coloreando recortando e pegando por orde as casillas: